Atropelo mortal na Estación de Osebe en Teo

1 minutes read

Unha persoa faleceu en Teo despois de ser alcanzada por un tren á altura da Estación de Osebe.

A causa desta situación, interrompeuse a circulación ferroviaria ata que, pouco a pouco, se puideron habilitar pasos alternativos pola vía contigua.

Mentres, os axentes da Policía Local e da Garda Civil tratan de averiguar as circunstancias deste suceso, que tivo lugar a media tarde deste martes, tal e como indicou unha persoa particular que contactou co 112 Galicia.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada puideron facer por salvar a vida da persoa.

Ademais, como consecuencia desta situación, o tráfico ferroviario resultou afectado por algúns cortes e retrasos, ata que puido ser habilitado un paso alternativo pola vía contigua.