Atropelo múltiple en Xirona


Este sábado un coche sementou o caos nunha rúa do centro de Xirona. Os feitos ocorreron na terraza dun local do barrio de Sant Narcís, na rúa Riu Güell, sobre as 23.30 da noite, cando un vehículo perdeu o control e arroiou a unha multitude. O condutor do coche, de 18 anos, sacouse o carné de conducir hai dous meses e deu negativo no control de alcoholemia. As testemuñas apuntan que, ao parecer, dous coches tiveron un pique na estrada tras o que finalmente o vehículo perdeu o control. O balance total foi de dez persoas feridas, entre elas o propio condutor. 9 deles foron xa dados de alta do hospital, pero unha nena de 4 anos ingresada en estado grave segue na Unidade de Coidados Intensivos Pediátrica do hospital Josep Trueta da cidade. As testemuñas narraron os momentos de tensión que viviron cando o vehículo invadiu a calzada arroiando á multitude, entre os que se atopaban varios menores.