Augas de Galicia continuará a xestionar a depuradora municipal de Ortigueira

Foto.- Cedida.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, en calidade de presidenta de Augas de Galicia, asinou vía telemática o convenio de colaboración co Concello de Ortigueira, polo que a Xunta de Galicia continuará a facerse cargo da xestión da depuradora de augas residuais de titularidade municipal, á que destinará un investimento de máis de 385.000 euros. Mediante este acordo, Augas de Galicia e o Concello de Ortigueira prorrogan o convenio de colaboración durante os dous vindeiros anos, polo que a entidade hidráulica da Xunta asume a explotación da depuradora municipal ata o día 30 de maio de 2024. A prestación dos servizos de saneamento e abastecemento é unha responsabilidade de carácter municipal. Non obstante, a Xunta de Galicia vén proporcionando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o precisen.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha