Augas de Galicia poderá asumir a xestión do ciclo da auga dos municipios que así o soliciten

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou da tramitación do anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga. Será un marco normativo que permitirá regular o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración de augas.

Con este novo modelo de xestión non só se pretende garantir a calidade dos servizos aos cidadáns, senón tamén colaborar coas entidades locais ante as dificultades técnicas e financeiras contrastadas que teñen moitos municipios.

Este marco legal establece instrumentos de cooperación entre as administracións con competencias na materia, Xunta, Deputacións e Concellos coa previsión de que Augas de Galicia poida asumir a xestión do ciclo da auga dos municipios que así o soliciten, e contando coa implicación da Deputación Provincial correspondente no financiamento das obras que sexan precisas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha