Augas de Galicia sanciona con 1.500 euros ao concello de Cabana por vertidos no lugar da Áspera -Cesullas

0 minutes read
Concello de Cabana de Bergantiños

Augas de Galicia multa ao concello de Cabana por vertidos ilegais ao río Anllóns, despois dunha denuncia feita pola asociación Petón do Lobo. Aínda que a sanción inicial era de 2.500 euros, ó final quedou rebaixada ata os 1.500, ao tratarse dunha infracción leve, por non ser unha actividade reincidente.

O Concello xustificouse alegando que o vertido se producía nun lugar que escapaba do seu control e que non era responsabilidade súa, a pesares de que este se producía no lugar de Áspera-Cesullas, dentro dos termos municipais.