Augas de Galicia multa ao concello de Cabana por vertidos ilegais ao río Anllóns, despois dunha denuncia feita pola asociación Petón do Lobo. Aínda que a sanción inicial era de 2.500 euros, ó final quedou rebaixada ata os 1.500, ao tratarse dunha infracción leve, por non ser unha actividade reincidente.
O Concello xustificouse alegando que o vertido se producía nun lugar que escapaba do seu control e que non era responsabilidade súa, a pesares de que este se producía no lugar de Áspera-Cesullas, dentro dos termos municipais.