Aumenta a actividade sísmica polo volcán da Palma


Na xornada deste martes rexistráronse 184 terremotos e o magma cada vez golpea máis preto da superficie, o último produciuse a 12 quilómetros de profundidade. Os expertos consideran que a sismicidade é o maior risco que agora vive a illa. Avisan de que os sismos poden chegar a alcanzar unha intensidade de 6.

Un terremoto de magnitude 4,8 localizado este martes no municipio de Mazo e a 34 quilómetros de profundidade foi sentido en toda a illa, nalgúns puntos con intensidade 4, e tamén nas illas da Gomera, El Hierro e Tenerife. Este é o segundo movemento sísmico en magnitude, do mesmo xeito que outros dous anteriores, de cantos se localizaron na Palma desde que o pasado 19 de setembro se iniciase unha erupción volcánica na zona de Cabeza de Vaca, no sistema de Cumbre Vieja.

Recomendaron á poboación que se afaste das fachadas dos edificios se circula pola rúa, minore a condución na estrada ou evite estar preto das xanelas. Con tantos terremotos a illa creceu 10 centímetros nalgunhas zonas. Unha elevación do chan que podería deberse a unha posible acumulación de magma en capas superficiais que podería ir acompañada do peche ou apertura dalgún punto novo de emisión.