Aumenta a tensión entre as dúas Coreas

Corea do Norte disparou máis de 200 proxectís de artillería ao mar, preto dunha tensa fronteira marítima na costa da península de Corea, en dirección cara a dúas illas surcoreanas. Unha acción que Seúl cualificou de «acto de provocación», mentres respondía con simulacros de lume real. Anteriormente, ordenouse a evacuación das illas de Yeonpyeong e Baengnyeong, en Corea do sur, a pedimento dos militares. O Goberno de Pionyang declarou posteriormente que realizara os exercicios de tiro como «resposta natural» ás accións militares dos «gánsteres militares» surcoreanos dos últimos días. Esta semana, Corea do Sur e Estados Unidos realizaron os primeiros exercicios conxuntos de tiro, con munición real, deste novo ano 2024. Mentres tanto, o líder norcoreano Kim Jong-un visitou coa súa filla pequena unha fábrica de vehículos lanzamisiles, nunha simbólica imaxe de poderío militar. Kim Jong-un, ordenou aos seus militar «aniquilar completamente» a Corea do Sur e Estados Unidos se inician un enfrontamento bélico, nunha nova mostra de agresiva retórica dirixida a Seúl e Washington.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha