Israel intensifica os ataques aéreos e asegura que existen crecentes expectativas dunha ofensiva terrestre. Tras os bombardeos deste domingo, o conflito pasa a ser a guerra en Gaza máis mortifera da historia en ambos os bandos.
O ministerio de Saúde de Palestina asegura que polo menos 4.651 persoas morreron en Gaza, con outras 14.254 feridas no territorio asediado. Tamén morreron 90 palestinos e 1.650 resultaron feridos na Cisxordania ocupada.
Máis de 1.400 persoas morreron en Israel, a maioría no ataque inicial de Hamás, e crese que unhas 203 persoas continúan secuestradas.
Mentres tanto, o risco dun conflito aínda maior en Oriente Medio vólvese máis real tras o aumento dos enfrontamentos na fronteira entre Israel e o Libano.
O primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, advertiu a Hizbulá que «cometería o erro da súa vida» se decidise ir á guerra contra Israel e que as consecuencias serían «devastadoras para o Líbano».
«Se Hezbollah decide entrar na guerra cometerá o erro da súa vida. Paralizarémolo cunha forza que nin sequera pode imaxinar, e o significado para Hizbulá e para o estado do Líbano será devastador. Pero estamos preparados para calquera escenario», dixo o líder de Israel.
A última guerra entre Israel e Hizbolá en 2.006 deixou 1.200 mortos ao lado libanés, na súa maioría civís, e 160 ao lado israelí, na súa maioría militares.