Aumenta o número de solicitudes nos servizos de entrega a domicilio en Vimianzo

Reparto de mascarillas en Vimianzo_Cedida

  • Máis de 60 familias fan uso do servizo de impresión de deberes

O Concello de Vimianzo incrementa cada semana o número de solicitudes nos servizos de entrega a domicilio. Máis de 60 familias fan uso do servizo de impresión de deberes, namentres que máis de 160 persoas usuarias están beneficiándose da impresión das fichas de memoria.

Desde que se decretou o estado de alarma o pasado 14 de marzo, o Concello impulsou unha serie de liñas de axuda para colectivos máis vulnerables, estudantes, persoas maiores e veciñanza en xeral. Nesta liña, coordinouse entre o goberno local, Protección Civil, voluntarios e corpos de seguridade a entrega nos domicilios de produtos de alimentación e medicamentos mediante as solicitudes que fan chegar as persoas usuarias ao Concello.

Tamén se impulsou un servizo de impresión de deberes e material dos obradoiros de memoria, para que os rapaces de Vimianzo en idade escolar non perdan o ritmo do curso durante o confinamento; e para que as persoas maiores poidan seguir exercitándose cognitivamente na casa.

Ademais, o Concello puxo en marcha un servizo de préstamo de equipos informáticos para as persoas que carecen dos mesmos e puxo a disposición da veciñanza unha liña de atención psicolóxica, que tamén rexistrou un incremento na actividade desde o pasado 14 de marzo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha