A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou nunha visita á casas niño Argalleiros do concello lucense de Navia de Suarna, que a Xunta de Galicia incrementará en 2022 a axuda anual para o funcionamento que reciben as responsables das casas niño en máis de 2000 euros Este aumento na subvención dá resposta a unha solicitude das promotoras dos centros.
Subliñou que as casas niño son un caso de éxito, polo que seguirán contando co apoio do Goberno galego. Ademais, valorou de xeito moi positivo o servizo que realizan para que as nais e pais dos concellos rurais poidan conciliar a súa vida persoal coa laboral.
O incremento que se vai levar a cabo nas axudas anuais para o funcionamento das casas niño suporá que as adxudicatarias que leven menos de tres anos pasarán dunha axuda de 19.600 euros a unha de preto 21.600, e as que levan máis de tres anos pasarán de 22.000 euros a acadar os 24.200 euros.
