Aumentan os divorcios nos primeiros meses do ano


Comeza novo ano e é momento tradicionalmente oportuno para planificar e organizar, axustar hábitos en busca de mellorar no persoal, crecer, perseguir a felicidade, preservar a saúde, dietas, exercicio, etcétera…. e gañar máis diñeiro. É o momento ou estacionalidade anual na que practicamente todo o mundo coincide en deterse a repasar a marcha das súas vidas, a mirar ao futuro con aspiracións, reflexionar e propoñerse cambios. Rematan as celebracións e con elas chega a fin para moitas parellas.
E o que pasa é que preto de 30.000 parellas deciden separarse nos primeiros meses do ano. Segundo o Consello Xeral do Poder Xudicial, son o 26% do total. Hai máis rupturas que nas vacacións de verán. O día máis crítico, din, é o primeiro luns hábil do ano.