Os virus e as infeccións respiratorias circulan e baten con forza nestes primeiros días de inverno. Aumentan as consultas e as hospitalizacións, sobre todo, por infeccións respiratorias asociadas á gripe. Malia que o pico de incidencia chegará nas vindeiras semanas, hai 432 persoas ingresadas, das que 20 están na UCI. Ademais, as consultas en atención primeira aumentaron preto dun 25 %. Por covid hai 138 persoas ingresadas, 9 delas en coidados intensivos.
A Consellería de Sanidade anunciou a ampliación da campaña de vacinación da gripe e da covid dende o 31 de decembro inicial ata o 12 de xaneiro. As embarazadas, os grupos de risco e as persoas maiores de 60 poden poñer a vacina da gripe e da covid nos hospitais públicos. Tamén poden facelo, só contra a gripe, nos centros de saúde, xunto a fumadores e menores de cinco anos. Especialistas poñen entre dito o adianto da campaña de vacinación dende o Sergas, anunciada a bombo e platillo pola Xunta de Galicia. Isto débese a que a maior eficacia das vacunas dase nas seguintes semanas a vacunación; e ó adiantarse esta, deixa os vacunados coa maior protección no outono e en maior vulnerabilidade ca chegada do inverno.