Aumento considerable das multas en Santiago por exceso de velocidade

Radar Conxo.

En Santiago as multas aumentaron un 47 %, pasaron das 34.000 de 2018 ás 50.000 deste ano. E un 90 % delas son por exceso de velocidade detectada por radar. Os dous máis polémicos son o do Restollal e o de Conxo que dende que se instalaron en 2020 son unha importante fonte de ingresos para o Concello e para a empresa que leva a xestión, segundo pensan algúns veciños.