Aurelio Núñez anuncia que se goberna creará a Concellería do Rural

O PP deu este sábado o primeiro dos mitins que levará a cabo polas diferentes parroquias de Carballo durante a campaña electoral. Comezaron en Ramil-Rus, onde diante das veciñas e veciños expuxeron unha das propostas máis importantes do seu programa: a Concellería do Rural.

O candidato popular apuntou que “teremos unha persoa que atenderá a diario, e con previsión, ás necesidades e aos problemas dunhas parroquias que estiveron completamente abandonadas nos últimos 16 anos”.

O primeiro, explicou, será elaborar un plan individual coas necesidades de cada parroquia. A recuperación de puntos de luz e as paradas de autobús, como por exemplo na rúa Gran Vía ou na Praza de Galicia, ademais doutras localizacións para facilitar a mobilidade das veciñas e veciños que se desprazan a Carballo  por calquera motivo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha