Aurelio Núñez comprométese á mellora da accesibilidade das beirarrúas e á instalación de semáforos acústicos

Aurelio Núñez manifestou a súa preocupación por todas as veciñas e veciños de Carballo que cada día teñen problemas para desprazarse pola vila.

Por iso, o candidato do Partido Popular comprométese “á mellora da accesibilidade, coa prioridade de adaptar as beirarrúas ás necesidades das persoas con mobilidade reducida. Recoñecemos que se ten avanzado neste aspecto, pero queda moito por mellorar co obxectivo de que a veciñanza poida desprazarse por Carballo coa máxima seguridade e comodidade”.

Neste sentido, Aurelio reitera a necesidade da instalación de semáforos acústicos coa maior brevidade posible, diante da reclamación dos mesmos por parte dos colectivos de persoas con discapacidade visual.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha