Austria aproba a vacinación anticovid obrigatoria


O Parlamento de Austria aprobou unha lei de vacinación obrigatoria para adultos, que impón multas que oscilan entre os 600 e os 3.600 euros, o que provocou gran polarización nas rúas. É a primeira lei deste tipo nun país membro da UE. Entrará en vigor o 1 de febreiro, pero comezará a aplicarse a mediados de marzo. Quedan exentos mulleres embarazadas, persoas para as que a vacina supoña un risco e quen se recuperou da enfermidade nos últimos 180 días. A coalición de goberno do Chanceler Karl Nehammer traballou con dous dos tres partidos da oposición. Só o partido ultranacionalista e antivacinas FPÖ se opuxo en bloque.