Austria reabre os seus bares, cafeterías e restaurantes

Tras dous meses de confinamento, Austria volveu abrir tanto pubs como restaurantes, converténdose nun dos primeiros países en facelo. Aínda que o fai con restricións: as mesas deben gardar polo menos un metro de distancia entre elas, está prohibido pedir no mostrador e a hora de peche son as 11 da noite. O Goberno austriaco defende que o país goza desta vantaxe fronte a moitos outros porque tomou as medidas necesarias fronte ao virus no momento adecuado. O próximo paso non é outro que reabrir os hoteis e as fronteiras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha