Automoción, conservas e naval, os sectores galegos que máis venderon no exterior en 2020


O director do Igape, Fernando Guldrís, informou que os últimos datos publicados sobre o comercio exterior galego, relativos ao pasado ano, a recuperación das exportacións galegas se confirma cos resultados do segundo semestre do ano, no que as vendas aumentaron un 4,9% con respecto ao mesmo período de 2019. As vendas no exterior dos produtos de sectores como a automoción, as conservas e o naval -con subas do 33,3%, 20,5%, e 34,6%, respectivamente- contribuíron de maneira decisiva ao volume global alcanzado polas exportacións galegas en 2020. Guldrís engadiu que o número de empresas galegas que exportaron durante o pasado ano se mantivo por riba das 7000. Sobre as vendas por destinos, Guldrís puxo de relevo as importantes subas das exportacións a Turquía, que se incrementaron un 43% con respecto a 2019; Xapón, cun ascenso do 26%; e Namibia, destino no que as vendas aumentaron un 24,6%. En canto aos países europeos, son salientables os incrementos das exportacións a Francia -20,3%-, Dinamarca -20%- e Polonia -15,7%-.