Un comercio máis accesible, dixitalizado e con oportunidades para a reactivación económica das autónomas e autónomos son os eixos sobre os que xiran os cursos de formación do programa Autónomos Dixitais da Xunta no que están a participar na actualidade preto de 900 persoas. A segunda edición de Autónomos Dixitais foi presentada en maio pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, con catro perfís aos que vai dirixida: mulleres; colectivo emprendedor entre persoas entre 31 e 44 anos e autónomos que tiveron que pechar o seu negocio como consecuencia da covid-19; e as persoas traballadoras autónomas maiores de 45 anos. Cada perfil consta dos dous cursos gratuítos en formato dixital. A formación continua e a capacitación laboral son dúas vías de traballo nas que incide deste xeito o Executivo galego, cunha aposta dobre na que cabe o comercio presencial, no cal se quere coidar e incentivar a compra, recalcou Lado, mais tamén cunha clara vocación de dotar ás novas e novos autónomos dunha ventá dixital para poder reemprender ou impulsar o seu negocio, colocando así, declarou Lado, “as persoas” no centro das políticas de emprego en Galicia.
37
