Autorizada a construción dunha planta fotovoltaica de 1,41 MW de potencia en Larín, Arteixo

1 minutes read

A Xunta de Galicia vén de autorizar a construción dunha planta fotovoltaica de 1,41 MW de potencia no Concello de Arteixo. A instalación técnica está promovida pola Cooperativa Enerxética Cidadá de Arteixo, S. Coop. Galega, cunha inversión de preto de dous millóns de euros. Serán uns 3.000 paneis solares nunha parcela de máis de 21.000 metros cadrados, ubicada en Fontes do Millo, en Larín de Arriba. Inclúe centro de transformación, celdas de alta e baixa tensión e redes de cable para evacuar a enerxía. A resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático publícase no DOG 218 con data deste martes 11 de novembro, https://www.xunta.gal/…/AnuncioG0760-171025-0001_gl.html