Autorizada a quinta aula da Escola Infantil Municipal de Vimianzo

O Concello de Vimianzo conseguiu a homologación da quinta aula para a Escola Infantil Municipal ‘Os Vimianziños’. A Administración local presentara o 3 de maio de 2023 unha solicitude de autorización para a modificación substancial do centro para converter unha das aulas de usos múltiples na devandita quinta aula.

Isto permitirá aumentar número de prazas deste servizo das 61 actuais ata as 75, dando cabida a todas as solicitudes das familias de Vimianzo, eliminando así a lista de agarda.

A intervención que se realizou foi integral, tanto a nivel estrutural en muros e teito, como na previsión da instalación de futuro mobiliario para as pequenas e pequenos. Tamén conta co correspondente illamento térmico para os meses máis fríos e contribuír á súa vez a un maior aforro enerxético.

A concelleira de Benestar Social, María José Pose, sinala que este fito “permite aumentar a cobertura nun servizo que presenta unha alta solicitude de demanda ano tras ano, ademais de optimizar as condicións do edificio para as crianzas”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha