Autorizada a vacinación dos nenos entre 5 e 11 anos a partir do 15 de decembro


A Comisión de Saúde Pública, reunida este martes, aprobou ampliar a vacinación fronte ao coronavirus aos nenos de 5 a 11 anos, tras o visto e prace da Axencia Europea do Medicamento para administrar Pfizer a menores de 12 anos. Está previsto que a primeira remesa de vacinas para este grupo chegue a España o próximo 13 de decembro e, que a vacinación comece a partir do día 15, despois da súa distribución entre as comunidades autónomas. En España, máis de 3 millóns de nenos poderían recibir o soro de Pfizer adaptado á súa idade, e que ten un terzo da dose que se usa para adultos. Neste grupo de idade prevese administrar a vacina en dúas doses cunha separación entre unha e outra de oito semanas. Sanidade confirmou que cada comunidade decidirá onde e en que orde vacina aos menores.