Autorizada a venda de Barreras tras ser declarada en concurso de acreedores


O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra declarou en situación legal de concurso voluntario de acredores á entidade Hijos de J. Barreras S.A.U., segundo informaron este luns fontes xudiciais. A empresa conservará as facultades de administración e disposición do seu patrimonio, aínda que quedará sometida, no exercicio desas facultades, á intervención da administración concursal, mediante a súa autorización ou conformidade, tal e como figura no auto. A xuíza nomeou administrador concursal único a Tahice Legal S.L.P. e, ademais, ordenou que se abra unha peza separada para a tramitación da venda directa da unidade produtiva da empresa.