Autorizado o cultivo de pataca en toda A Laracha | Caión pasa a zona tampón

  • Lendo é desde este martes unha zona libre tras decaer as medidas establecidas anteriormente para conter a praga da couza guatemalteca.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Consellería do Medio Rural pola que a parroquia de Caión deixa de ser considerada infestada pola praga da couza guatemalteca da pataca (Tecia solanivora povolny) e pasa a ser zona tampón.

Isto supón que volve estar permitido o cultivo da pataca en Caión, pero coa obriga de comunicar á Xunta de Galicia a sementeira na totalidade das parcelas nas que se levou a cabo, trámite que se pode realizar no Concello.

Outra importante novidade é que a parroquia de Lendo, ata o de agora zona tampón, pasa a ter a consideración de zona libre para o cultivo da pataca, polo que decaen as medidas que estaban establecidas para a contención da praga.

Por tanto, o cultivo da pataca volve autorizarse en todo o termo municipal da Laracha co único condicionante indicado para a parroquia de Caión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha