Autorizado o primeiro ensaio dunha vacina contra a Covid-19 en España

1 minutes read

O ministro de Sanidade, Salvador Illa autorizou o ensaio en fase 2 da vacina da farmacéutica Janssen. O ensaio incluirá a 550 voluntarios sans de España, Alemaña e Países Baixos a algúns dos cales se lles inoculará o virus para comprobar se reciben protección da vacina, avaliar o rango de dose e diferentes pautas de administración. En España participarñan 190 voluntarios en tres hospitais. Esta vacina usa unha tecnoloxía baseada nun adenovirus recombinante non replicativo para xerar unha resposta inmunolóxica fronte a unha das proteínas do coronavirus. Tras a autorización do ensaio pola Axencia Española do Medicamento, os investigadores iniciarán o recrutamento de voluntarios que cumpran cos criterios de inclusión nos diferentes centros incluídos no protocolo.