O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC) avalou este xoves o toque de queda entre a unha da madrugada e as seis da mañá e a limitación dos encontros sociais a 10 persoas, tal e como expuxera o Govern catalán para conter a sexta onda da COVID-19.
A sala contenciosa do Alto Tribunal catalán autoriza para os próximos 14 días que a Generalitat aplique o toque de queda desde este venres a partir de medianoite e naqueles municipios de máis de 10.000 habitantes con incidencias superiores aos 250 casos por cada 100.000 habitantes. Por iso, veranse afectadas por esta medida unhas 126 localidades, entre elas, Barcelona e as demais capitais de provincia.
A Xustiza catalá dou o visto e prace a reducir o aforo dos actos relixiosos e cerimonias civís ao 70%, e a manter o uso do pasaporte COVID en restauración, ximnasios e residencias. Co toque de queda, péchase o lecer nocturno e actividades similares nas que haxa público de pé e con posibilidade de baile.