A Axencia Española do Medicamento (AEMPS) autoriza o primeiro ensaio clínico en humanos da vacina contra a COVID-19 producida en España. A vacina, chamada PHH-1V, da compañía Hipra, será posta a proba tan pronto se recruten os voluntarios suficientes nos centros hospitalarios. Ata o de agora, trátase da primeira vacina española -de catro- que recibe a autorización da Axencia.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, mencionou a noticia durante a súa participación na homenaxe ao escritor José Saramago na illa de Lanzarote. «O noso país investiu máis de 13 millóns de euros en transferencias e case 6 millóns de euros en préstamos para colaborar coa ciencia española no desenvolvemento de novas vacúas contra o covid-19 no noso país», dixo Sánchez.
Aos voluntarios administraráselles dúas dose, con tres semanas de separación, e serán seguidos por un comité independente de vixilancia para identificar posibles efectos secundarios. A vacina está baseada en dúas proteínas recombinantes estruturalmente similares e acompáñanse dun compoñente que incrementa a súa resposta inmunolóxica contra o patóxeno.
Hipra adiantou que os resultados previos en laboratorio foron satisfactorios e así mesmo asegurou a súa efectividade, mesmo contra o variante delta, segundo os últimos ensaios.
A empresa española, situada na cidade de Xirona, prevé producir 400 millóns de doses da súa vacina durante 2022. E é moi probable que estea no mercado para mediados do primeiro trimestre do próximo ano, se logra cumprir cos requisitos da AEMPS. O medicamento require unha conservación entre os dous e os oito graos centígrados, o que facilita a súa loxística e distribución.