Autorizan a extradición a México de Lozoya, ex-director de Pemex

A Audiencia Nacional acordou a extradición a México do ex-director xeral da petroleira Pemex, Emilio  Lozoya, para ser xulgado por unha fraude de 280 millóns de dólares.

Os maxistrados da Sección Segunda da Sala do Penal consideran que se cumpren os requisitos establecidos na lexislación e lembran que Lozoya presentara un escrito o pasado 29 de xuño en que aceptaba ser extraditado ao seu país. Atribúeselle por parte das autoridades mexicanas un delito de suborno e asociación ilícita, así como de «operacións con recursos de procedencia ilícita», que se correspondería co delito de branqueo do Código Penal español.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha