A Axencia Española do Medicamento autorizou a fase 3 de ensaios clínicos da vacina española Hipra contra a COVID-19. Esta fase contará con aproximadamente 3.000 voluntarios maiores de 16 anos, nos que se comprobará a seguridade e eficacia da vacina, como dose de reforzo doutras pautas de vacinación primarias que inclúen diferentes combinacións. Este é o paso previo necesario para presentar unha solicitude de autorización á Axencia Europea de Medicamentos. O ensaio clínico desenvolverase en vinte hospitais; dezasete de España, dous de Portugal e un de Italia. Os pacientes incluídos no ensaio serán seguidos durante 52 semanas ata a finalización do mesmo, aínda que se obterán datos relevantes para os obxectivos do estudo nun prazo máis breve de tempo. Se consegue superar satisfactoriamente a fase 3 de ensaios clínicos, as previsións da farmacéutica catalá apuntan ao lanzamento desta vacina no segundo trimestre deste ano.
38