Auxiliada unha veciña de Camariñas tras sufrir unha forte dor no peito

Foto.- Guardia Civil.

A Garda Civil de Camariñas desprazouse ata o lugar de Brea en Xaviña para colaborar co persoal sanitario do centro de saúde de Vimianzo co fin de auxiliar a unha muller de avanzada idade cunha forte dor no peito. Ao lugar desprazouse tamén o helicóptero medicalizado do 061. Esta persoa tras ser atendida polos sanitarios, foi trasladada en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.