Auxilian a un home de avanzada idade tirado nunha rúa de Carballo cunha ferida aberta na cabeza

Un equipo médico a bordo dunha ambulancia do 061 acudía de urxencia no mediodía deste sábado á céntrica rúa Jacinto Amigo Lera de Carballo para auxiliar a un home de avanzada idade que foi atopado na rúa cun forte golpe na cabeza. Tras ser localizado por uns viandantes que deron a voz de alarma ao auxilio tamén se sumaron dous axentes da Policía Local que patrullaban pola zona. O ferido resultou ser José L.D., un veciño da vila de 93 anos, que estaba tirado na rúa cunha ferida aberta na cabeza pola que perdía abundante sangue. En primeira instancia practicáronlle un tapón para tratar de cortar a hemorraxia ata a chegada da ambulancia, que segundo testigos presenciais tardaría uns 20 minutos. Acto seguido o home foi estabilizado e evacuado de urxencia ao PAC para ser atendido. Investíganse as causas do golpe, que puido deberse a unha caída accidental.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha