Auxilian a un home gravemente ferido no centro de Carballo, pero acabou falecendo

Varios particulares alertaron deste suceso ás forzas de suguridade pasadas ás doce e media da noite deste xoves, un home de mediana idade estaba tendido á altura do número 10 da céntrica rúa Desiderio Varela. Ao lugar acudiron de urxencia as patrullas da Garda Civil e Policía Local, así como sanitarios e persoal do 06, quenes constataron que o home estaba gravemente ferido. Os sanitarios prestáronlle os primeiros auxilios, pero sen resposta positiva, aos poucos minutos o ferido terminaba falecendo. Tres horas máis tarde un forense procedía ao levantamento do corpo sen vida do home, que foi trasladado para realizarlle a autopsia, que dará luz sobre as causas da súa morte. A Garda Civil de Carballo abriu dilixencias para esclarecer o suceso. Segundo os presentes, o home podería terse precipitado ao vacío desde un edificio próximo.

Related posts

Rematadas as obras de pavimentación e posta en valor do acceso ao muíño de Mareas, en Vimianzo

O Centro Sociocultural de Baio acolle unha nova exposición coas obras do pintor Ismael Galego

O Concello da Laracha impulsa unha ampla programación en torno ao 25N