Auxilian a un varón pechado dentro dunha vivenda de Muxía

Os bombeiros do parque Provincial de Cee foron alertados ao redor das 14:30 horas deste luns, luns 14 de xullo, para a realización dun operativo de apertura de porta nunha vivenda do concello de Muxía.

Unha vez no lugar, os efectivos atoparon no interior da vivenda a un varón de avanzada idade tirado na entrada do pasillo. O home foi atendido polo persoal sanitario do 061 e trasladado ao centro sanitario de referencia, aparentemente ileso.

No operativo tamén participaron efectivos da Policía Local de Muxía, o servizo de urxencias sanitarias 061 e o persoal do SPEIS 09.

Related posts

A piscina municipal da Laracha permanecerá pechada por obras este venres 24 de abril

A Deputación da Coruña apoia o traballo de Senda Nova e de Mar de Fábula, entre outras 20 asociacións medioambientais

O alcalde da Laracha participou no Senado no Acto do sétimo aniversario da Manifestación da España Vaciada