Avalan que Feijóo suspenda de novo as eleccións, se son en xullo e hai un rebrote

O informe xurídico sobre o que se apoiou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para impulsar a celebración das eleccións autonómicas «canto antes» avala que se convoquen no actual momento, aínda co estado de alarma vixente, sobre a base de que no momento en que se cancelaron as medidas de restrición eran outras. E avala que o mandatario autonómico adopte decisións, incluída a suspensión dos comicios, no caso de que aparezan novas restricións sanitarias ou falta de seguridade para a saúde. O documento asinado pola asesoría Xurídica da Xunta, deixa claro que é Feijóo o que ten a capacidade plena sobre as eleccións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha