Avalían iniciativas para dinamizar o sector do electrodoméstico

1 minutes read

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro con representantes da Asociación Nacional de Empresas de Distribución de Electrodomésticos (ADEN), entre os que se atopaba o presidente da entidade, Wilson F. Milar.

Na xuntanza, na que tamén participou o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, abordáronse temas de interese para o sector como o Galicia Renova Electrodomésticos, unha iniciativa á que se destinaron na última edición tres millóns de euros, axudando ás familias a adquirir electrodomésticos máis eficientes ao tempo que se dinamizan as vendas do comercio de proximidade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?