0
A aposta por incorporar a Intelixencia Artificial e o Big data ao sistema sanitario público galego levará aparellada a creación dun Consello asesor, que se encargará de informar a Consellería de Sanidade dos avances e posibles aplicacións destas tecnoloxías á Sanidade. Na actualidade en Galicia estase a tramitar unha norma que regulará as funcións deste Consello asesor, coa previsión de que estea aprobada no vindeiro trimestre. Entre as mesmas, destacan a coordinación e proposta de novas iniciativas, a identificación de focos de interese e impacto, ou a elaboración de mapas de demanda temperá dentro do sistema sanitario galego.