Avances na loita contra a Metástase

Joan Massagué.Cedida.

Podemos definir Metástase, como a diseminación do cancro dunha parte do corpo onde se formou orixinalmente, a outra parte do corpo. Cando ocorre unha metástase, as células cancerosas sepáranse do tumor orixinal (primario), viaxan a través do sistema sanguíneo ou linfático e forman un tumor novo noutros órganos ou tecidos do corpo. O novo tumor metastásico é o mesmo tipo de cancro que o tumor primario. Por exemplo: se o cancro de mama se disemina ao pulmón, as células cancerosas do pulmón son células do cancro de mama, non son células do cancro de pulmón.

Chamamos cancro metastásico ao producido como consecuencia da viaxe desde o tumor orixinal a outros tecidos e órganos.

Na actualidade, o cancro metastásico é o responsable do 90 % das mortes por cancro.

Os investigadores estudan a metástase e a forma de previla. Nesa liña, recentemente o investigador español Joán Massagué, director do Instituto neoiorquino Sloan Kettering (ESKI) descubriu que as células que inician a metástase, utilizan un mecanismo de reparación do corpo de forma daniña. Emprégano para estender o cancro a outros órganos. O que en tecidos sans é beneficioso, resulta claramente pernicioso para estas células iniciadoras de metástases.

Os resultados da investigación mostran unha reprogramación das células reactivando xenes que non están mutados pero que estaban apagados. Con esta reprogramación, algunhas células tumorales adquiren un comportamento de células nai rexenerativas, o que lles permite crear a metástase. Antes críase que se iniciaban por mutacións xenéticas que habilitaban ás células do tumor primario para migrar a outros órganos. Segundo Massagué, debemos esquecernos das mutacións, declara que non hai moitas, talvez ningunha. O equipo de Massagué xa desenvolveu anticorpos contra a molécula L1 CAM, responsable de que numerosos tipos de células cancerosas poidan metastatizar con éxito nos órganos. Agora enténdese a metástase como a rexeneración do tecido equivocado, do tumor no lugar equivocado, nos órganos vitais distantes, explicaba o doutor español na revista Cancer Nature.

Tamén relacionado coa metástase e recentemente, investigadores do Institut d´ Investigació Biomèdica de Bellvitge (Idibell), identificaron unha proteína que resulta determinante na metástase do rabdiosarcoma, o cancro infantil máis frecuente nos tecidos brandos. Case o 5% dos tumores pediátricos e cuxa taxa de supervivencia oscila entre o 60 e 70%. Publicado en Cancer Letters. Os investigadores están a realizar un traballo encomiable, sensacional e impagable. Desde grande equipos que contan con financiamento e recursos, ata outros máis modestos, con menos diñeiro pero con enorme talento, ganas e ilusión, obtéñense resultados. Universidades españolas con equipos traballando en precario obteñen moitas veces uns avances importantes. Deben contar con recursos e un financiamento á altura. É neste campo onde un goberno que presuma de preocuparse polo que en verdade importa debe investir, sen andrómenas, cunha visión clara das posibilidades e o impacto do retroceso para coa sociedade que todo isto conleva. Sen dúbida, cunha política efectiva e dotada de recursos (con maiúsculas), a investigación da metástase e outros campos tamén importantes acabarán logrando máis vitorias e éxitos. É por tanto aquí, onde se debe poñer o acento e o esforzo pois se non, estaremos ante un “delito” de lessa humanidade.

ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO