Avances nas obras do Centro Integral de loita contra o lume de Toén

A Consellería do Medio Rural leva investido máis de 3,5 millóns de euros para a construción deste complexo. O obxectivo é convertelo nun centro administrativo e de formación de brigadas forestais. Neste senso, cabe incidir en que este Centro integral busca constituír o eixe central do Plan de formación, centralizando así nun mesmo punto a instrución de todo o Servizo e converténdose nun lugar de intercambio de experiencias con outros dispositivos de prevención e extinción de incendios forestais, tanto nacionais como internacionais.

Neste centro tamén se instalará unha aula medioambiental para formar estudantes de toda Galicia e para concienciar á sociedade sobre o traballo dos profesionais contraincendios como defensores do monte e, por extensión, da seguridade das persoas e dos seus bens.

Cabe lembrar que estas instalacións contan con varios quilómetros de pistas de adestramento para motobombas e vehículos todoterreo nas que se alternan diferentes obstáculos para a mellora das técnicas do dispositivo de loita contraincendios e que xa se atopan en pleno funcionamento. Ademais, tamén dispoñen dunha pista para adestramento de bombeiros de case 1 quilómetro de lonxitude.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha