Avances no Polo de Tecnoloxías Cuánticas e na biotecnoloxía aplicada á saúde


Galicia participará en tres das catro primeiras áreas de I+D+i activadas polo Ministerio de Ciencia e Innovación no marco dos plans complementarios coas rexións españolas ligados ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea.
Os plans asináronse esta pasada semana no marco do Consejo de Política Científica, Tecnológica y de Innovación. O obxectivo é fomentar a coordinación das capacidades rexionais en investigación, construír sinerxías territoriais e apoiar proxectos de transformación económica territorial. Así, Galicia -a través do Cesga, que será o encargado de coordinar as accións desde a Comunidade- poderá avanzar, xunto con País Vasco, Cataluña, Madrid e Castela e León, ademais do CSIC, no eido das comunicacións cuánticas. Para logralo contará con 9,6M€ (3,4 corresponden a recursos propios).