31
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada este xoves foi aprobado con carácter inicial o expediente de expropiación dos terreos afectados pola ampliación do punto limpo da Laracha. Trátase dunha única parcela catastral dunha superficie de 5.096 metros cadrados. A dispoñibilidade deses terreos é condición necesaria para a futura execución do proxecto dirixido a aumentar os espazos do punto limpo, o que permitirá mellorar e incrementar os servizos que se ofrecen nesa instalación de titularidade municipal situada xunto á ponte do Formigueiro.