Avances nos proxectos de urbanización e expropiación do parque empresarial de Coristanco

1 minutes read

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, trasladou ao alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, que o consello de administración da empresa pública Xestur autorizou recentemente a licitación de dous contratos cos que se avanza na tramitación do futuro parque empresarial da localidade.

Durante unha reunión que mantiveron este mércores, Heriberto García avanzou que, nas vindeiras semanas, Xestur licitará os contratos para redacción do proxecto de urbanización do parque empresarial, por máis de 96.000 euros e para a redacción do proxecto de expropiación dos bens e dereitos afectados por esta área industrial, por preto de 76.000 euros.

Cómpre lembrar que actualmente está en tramitación o Proxecto estruturante de solo empresarial (PEOSE) deste parque, que ocupará unha superficie de máis de 173.000 metros cadrados.