Avances para o futuro do porto da Coruña

Nun encontro celebrado este martes no Salón Dourado de María Pita, participaron, Inés Rey, alcaldesa da Coruña, Valentín González, presidente da Deputación da Coruña, o presidente de Puertos del Estado, Francisco Toledo, a presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera; o secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez; a conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez; o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor; e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández. 

As administracións implicadas acadaron o compromiso de buscar financiación europea para a conexión ferroviaria de Langosteira, reestruturar a débeda da Autoridade Portuaria cunha moratoria ata 2035 e crear unha comisión de traballo en 6 meses. 

Pola súa banda, a Xunta, baixo o seu punto de vista, trasladou a súa “profunda decepción” pola falta de compromiso do Goberno de España co ferrocarril a Punta Langosteira, coa viabilidade do Porto, co futuro do Porto e coa fachada marítima da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha