Avanza a licitación das obras da primeira fase do hospital Montecelo de Pontevedra

Maqueta hospital Gran Montecelo_Pontevedra.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou este venres tras a reunión do Consello da Xunta a autorización da licitación das obras da primeira fase do Gran Montecelo, en Pontevedra, cun investimento de 115 millóns de euros.

Logo de salientar que as obras desta primeira fase, que comezarán este mesmo ano, Feijóo precisou que o novo inmoble estará unido ao resto das instalacións do hospital Montecelo e nel centralizaranse servizos como a área de urxencias, a unidade de coidados intensivos, a hospitalización con ingreso e as especialidades de maior complexidade. Non caso da unidade de coidados intensivos, puxo de relevancia que se incrementa nun 36%, pasando do 20 a 35 camas.

Pola súa banda, a atención ambulatoria, prestarase nas instalacións actuais do Montecelo, aproveitando os investimentos realizados nos últimos anos, para adecualas aos servizos de cirurxía maior ambulatoria, cirurxía de curta estancia, a un hospital de día e a diversas consultas. E destacou que as urxencias concentraranse todas no novo edificio, cunha “única porta de Urxencias”.

Grazas a esta actuación, o Gran Montecelo disporá de 120 camas máis que a infraestrutura actual –e preto do 60% dos cuartos serán individuais-; aumentarase nun 92% o número de salas e postos de urxencias; e sumaranse un 49% máis de postos no hospital de día, que pasarán de 109 a 162.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha