Avanza a moi bo ritmo a senda peonil que conectará A Vila e Cobeláns, en Cerceda

1 minutes read

Esta nova infraestrutura conta cunha lonxitude de 675 metros e 2 metros de ancho, estase construíndo na marxe dereita da estrada en formigón e zahorra. As obras complétanse coa execución dunha rede de drenaxe mediante a instalación de 475 metros de tubaxe de PVC e 13 arquetas con sumidoiro.

Por outra banda, tamén se están levando a cabo melloras nas marxes da vía que conduce á igrexa de Meirama.

A actuación inclúe a execución dunha cuneta transitable de 420 metros, dividida entre tres treitos, composta por formigón e zahorra. No proxecto tamén se contemplan obras de canalización de pluviais e a execución de arquetas con sumidoiro, previa apertura de zanxas.

“No novo mandato proseguiremos con obras que facilitan o tránsito peonil, como é o caso da senda peonil da Vila a Cobeláns e as melloras no viario da igrexa de Meirama”, afirma o rexedor, Juan Manuel Rodríguez García. “Son actuacións moi demandadas que incrementan a imaxe, a ordenación dos viais e a seguridade”, subliñou.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?