- Os traballos realizados polo centro especial de emprego Coregal rematarán coa posta a punto das zonas verdes da Praza do Concello.
Coa instalación de catro torres florais, dúas na Praza do Concello e outras dúas na rúa Martín Herrera, Carballo da un paso máis no plan integral de mellora dos espazos axardinados do concello. Ademais das catro torres florais e das 35 xardineiras colocadas nos soportes das luminarias de distintas rúas, polas que xa empezan a descolgarse as primeiras flores de temporada, o persoal de Coregal Parques e Xardíns centra o seu traballo nas rotondas de acceso á zona urbana, mellorando deste xeito a imaxe do pobo, e tamén no parque do Rego da Balsa, no que xa medra a herba sementada, e nas prazas de Galicia, da Cruz Vermella e do Concello, que será a última.