Avanza o procedemento de contratación de tres obras na Laracha

1 minutes read

O Concello da Laracha ten en fase de contratación tres proxectos dirixidos a mellorar as infraestruturas viarias e os equipamentos deportivos de uso público. Recentemente remataron os períodos de presentación de ofertas e nos próximos días reunirase a Mesa de Contratación para proceder á súa clasificación cono trámite previo á adxudicación dos contratos. O proxecto no que hai un maior número de aspirantes á adxudicación (31) é a urbanización da prolongación da Avenida Manuel Fraga. Xunto a esta nova vía, tamén a carón do Instituto será creada unha nova pista polideportiva descuberta de uso libre que complementará a construída nese mesmo lugar o ano pasado. Por último, nove empresas aspiran a resultar adxudicatarias do proxecto de mellora da estrada da parroquia de Montemaior que vai desde Santa Margarida á Silva.