Avanzan a bo ritmo as obras de ampliación e reforma do Hospital de Ferrol

1 minutes read
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestructuras.

A conselleira de Infraestruturas supervisou a marcha dos traballos nunha xuntanza telemática cos responsables da área sanitaria. Ethel Vázquez avanzou que no verán se vai acometer o reforzo do firme en toda esta zona hospitalaria. As obras, en que a Xunta está a investir 56 millóns de euros, estanse compaxinando coa asistencia sanitaria. As obras de ampliación e reforma do Hospital de Ferrol avanzan a bo ritmo, ademáis a conselleira afirmou que umpirán co prazo previsto de remate no 2022.

Ethel Vázquez, dixo que, “Traballamos para mellorar a sanidade pública e construír sanidade pública con novos equipamentos e infraestruturas sanitarias. Nestes momentos estamos a executar infraestruturas sanitarias que supoñen un investimento da Xunta de Galicia de máis de 90 millóns de euros”.