Avanzan a bo ritmo as obras de mellora do campo municipal Platas Reinoso de Baio

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e o Tenente de Alcalde, José Manuel Brenlla; achegáronse este venres ata o campo municipal Platas de Reinoso de Baio onde puideron comprobar o avance das obras de mellora que se están a realizar.

Os traballos, nos que o Concello de Zas inviste un total de 264.905,89€, consisten principalmente en:

  • Substitución do céspede de herba artificial actual por outro de última xeración.
  • Renovación dos equipamentos deportivos, tales como as porteirías de fútbol 11 e 7 e bandeiríns.
  • Instalación de novos asientos na gradería existente.
  • Colocación dun marcador electrónico.
  • Reforma da cantina.

As obras teñen un prazo de execución de dous meses. 

Related posts

Aprobado un investimento para a mellora integral da travesía de Bembibre, en Val do Dubra

Malpica mellorará a capa de rodadura e recollida de pluviais no camiño do núcleo de Filgueira, en Cerqueda

O Concello de Ponteceso reforza a seguridade viaria entre Cores e Santa Cruz