- Nunha das marxes xa están listos os servizos urbanísticos e a partir de agora comezan a colocarse as lousas da beirarrúa.
Cabe destacar un acordo coa propiedade dunha parcela preto da rúa Vázquez de Parga, o que facilitará a mellora da accesibilidade nese treito.
Os traballos nesta céntrica rúa comezaron fai un mes, e agora nunha das marxes xa están listos os servizos urbanísticos e está previsto que comece de inmediato a colocación de lousa, polo que a beirarrúa quedará lista nun prazo aproximado dunha semana e xa poderá habilitarse para o tránsito peonil mentres se traballa nos servizos da outra beira.
Ademais de servizos completamente renovados, incluída a rede de augas pluviais, da que carecía ata agora, a rúa Concepción Arenal contará con zonas peonís de 2,5 metros de ancho con pavimento de granito e un carril de circulación de 3,50 metros, todo en plataforma única.